VEÑEN os arroaces fermoseando a ría,

señores do alemparte tan amigos do xogo

que a navegación con eles é unha maruxe

no oficio do soño que debeu presidir o alto

océano nas horas do designio e as ventadas.

 

Aínda chegan onda nós vestidos de azul lamia

a sobornar as lindes dos climas e as ausencias,

na benvida aos ollos do home mar que nunca dorme

sono profundo a pé de nave: vellos os dous

na mornura da borraxa e o gasto do cigarro

 

que desfuma o chapapote do pulmón a arder.


 

PULSA AQUÍ PARA LER O SEGUINTE POEMA