Para os amigos de Cedofeita vai esta escolla de poemas e as ilustracións do pintor Luis Viñas, que honran o catastro das palabras nesa viaxe luminosa que soñei: versos arrincados coma raíz do río e do mar nosos, se aló da nabeira antiga, cando a forza da verdura e dos invernos, do leito da Galicia interior, arestora terra abandonada, en deserción. Aqui volos entrego, a vós que amades a Lingua, a Xente e a Paisaxe, e os oficios todos de vivir.
Xosé Vázquez Pintor. Setembro de 2002
Luis Viñas
Nado en Cutián, Antas de Ulla (Lugo, 1957). Mestre en Vigo. Estudios de pintura e fotografía na Universidade dos País Vasco. Seleccionado pola Deputación de Pontevedra -Novos Valores 91-. Realizou exposicións colectivas (Universidade do País Vasco, Capela de S. Antón -Melide-, Valdearte 92, O Barco, Ourense, Solidariedade co Pobo Cubano-Vigo, Cambados, G. Sargadelos-Pontevedra, Caldas de Reis, Mostra Arguesol, Luzada, Moaña...) e individuais ( "A Fábrica"-Alariz, Centro Galego de Bós Aires). Ilustrador de libros.
Xosé Vázquez Pintor
Poeta, ensaísta, dramaturgo e narrador. Nado en Melide (1946) e residente en Cangas, imparte clase de Lingua e Literatura Galega no IES “A Xunqueira” de Pontevedra. É autor dunha extensa e variada obra literaria que abrangue a creación poética, con títulos como Gándara (1971), Terra e pan (1975), Na vertical da noite, Premio Cidade de Ourense 1989, No corazón mancado, Premio Esquío 1989, Banzados, Premio uxío Novoneyra 2000, entre outros; a narrativa: De ida e volta (1975), A entrega (1997); Lume de biqueira (1999), Quen faga voar - Premio Carvalho Calero 2000 - e Memoria do boi - Premio Torrente Ballester 2000 - e Premio Nacional da Asociación de Críticos Literarios 2001; o ensaio: Os vellos oficios (1996), A tribo sabe (1999); o xornalismo: Palabras de papel, escolma de artigos de opinión publicados entre os anos 1987 e 1996. Fundador e director do grupo de teatro Ancoradouro (1989-1994), ten publicado as pezas teatrais A fraga encantada (1987) e A sombra da memoria (1999).
PULSA AQUÍ PARA LER OS POEMAS
(Nota: estes poemas pertencen á obra Banzados)