Corría o ano de gracia do Señor de 1112. 0 reino de Galicia acababa de estrear un novo rei a quen o aínda bispo Xelmírez coroara na catedral de Santiago había ben pouco tempo. Tratábase do rei de Galicia Afonso Raimúndez, fillo de Dona Urraca e de Raimundo de Borgoña, que anos máis tarde, sería entronizado, ademais, como rei de León e Castela, pasando a denominarse Afonso VII.
Era primavera. Un grupo
de veciños de Tui, daquela denominada Tude, decidimos peregrinar
a Compostela para visitar o sartego cos restos atribuídos ó
Apóstolo Santiago. Un día pola mañá saímos
do centro da vila e encamiñámonos pola Depresión Meridiana,
seguindo a antiga vía romana XIX do Itinerario de Antonino que unía
Brácara Augusta con Astúrica Augusta.
Non todos íamos traxados do mesmo xeito, pero máis ou menos levabamos vestido longo, esclavina e sombreiro de palla, sen faltarnos o bordón, a alforxa e a cabaza. Camiñabamos moi ilusionados, pero ó xeito do corpo, parando cando era oportuno para beber, comer ou refrescar os pés. Pola beira do río Louro disfrutamos da sombra da vizosa vexetación animada polo cantaruxar das augas cristalinas que descendían en dirección contraria á nosa. Rodeamos pequenos outeiros e vadeamos varios ríos e regueiros sempre co corazón cheo de fe, na esperanza de chegarmos a Compostela e coa ledicia de ver que avanzabamos no noso propósito.
Despois de atravesarmos o río Verduxo en San Pelagio Lutu (Ponte Sampaio) presenciamos un dos moitos enfrontamentos bélicos que daquela padecía Galicia: era o exército de Xelmírez loitando contra as hostes do nobre Robinando Muñiz, que non quixera participar na guerra que Dona Urraca declarara ó que non puido ser o seu marido, Afonso o Batallador, rei de Aragón. Certo é que o medo que pasamos só nós e mais Deus o sabemos, pero afortunadamente puidemos continuar a nosa rota sen maior problema.
Pola tarde cruzamos o río Lerice -chamado hoxe Lérez- por unha ponte derrubada, preto da que, en recuados tempos, se erguera a mansión romana de Turoqua e que, por ser unha ponte vella, había figurar nos documentos posteriores como Pontis Veteris ou Pontis Vetula, vindo a chamarse máis tarde Pontevedra.
Como o sol ía caendo, comezamos a pensar onde pasar a noite. Tiñamos noticia da existencia dun mosteiro á beira do río Lérez, non moi lonxe do castelo de Cedofeita, ubicado no lugar denominado Spinareto ou Canoso, e cara a alí nos encamiñamos, desviándonos á dereita desde o que hoxe é a Gándara pola congostra que leva ó convento.
Un dos máis lidos do grupo ata sabía que o rei de Galicia, Ordoño II, no ano 916, fixera doazón -a primeira coñecida- a este mosteiro dun territorio que constituíu probablemente o seu couto primitivo. Descoñeciamos, sen embargo, quén era o abade naquel intre, se ben é certo que alguén comentou que oíra dicir que uns cabaleiros doaran ó abade Munio, había uns dez anos, unhas propiedades próximas ó mosteiro, polo que era posible que o tal Munio seguise gobernando o mosteiro.
Ó chegarmos, quedamos abraiados da fermosura do contorno conventual onde se oía o silencio; os carballos, o río, os campos de cultivo, e no medio deste conxunto erguíase o mosteiro, que se mostraba unhas veces e outras ocultábase tras a frondosidade da arboreda. Aproximámonos ó convento e, xa no portalón, batemos repetidamente ata que nos abriu un frade enxoito:
- Disculpade irmán. Somos peregrinos que imos de camiño a Compostela e solicitamos pousada para esta noite.
- Benvidos sexan a este convento. Pasen para
o claustro e esperen mentres obteño autorización do señor
abade.
Non tardou moito en voltar.
- O señor abade comprácese en poder ofrecerlles pousada para esta noite e para as noites que vostedes precisen. O frade facilitounos auga e comida e acompañounos en todo momento ata que nos indicou as celas nas que habiamos durmir. Portouse moi amablemente con nós, polo que lle manifestamos o noso agradecemento. Deitámonos e durmimos coma pedras. Soubemos despois que os frades se ergueran da cama sobre as dúas da mañá para rezar os matíns; logo deitáronse e volvéronse erguer de novo para rezar os laudes, alabanzas a Deus, pero nós non nos decatamos co sono e cansanzo que tiñamos.
Foi co canto dos galos e cos primeiros raios do sol que iluminaron as nosas celas e as dos monxes e que espreguizaron os animais co que espertamos. Logo, oímos o toque de prima, terceiro rezo do día que se fai ó mencer. Despois deste rezo, o monxe que nos abrira a porta o día anterior convidounos a acudir ó refectorio para tomarmos un lixeiro refrixerio cos demais frades. Aceptamos a invitación e, ó remate, fomos, tamén con todos, á misa. Despois, o convento dirixiuse á sala capitular e nós, que xa acomodaramos as celas, tivemos a sorte de atopar co señor abade. lnclinámonos perante el e bicámoslle as mans:
- Foi para nós unha ledicia traspasar as portas deste mosteiro e comprobar, tal como nos dixeran, a súa riqueza arquitectónica e a beleza do seu contorno, así como a hospitalidade dos seus moradores.
- Moitas gracias polo cumprido. Pero, se mo permiten, ordenarei a un frade letrado que vos mostre as dependencias do convento, así como a vida que nel facemos.
- ¿Non será moita molestia, señor abade?
- Ó contrario. Para nós é un pracer mostrar a sinxeleza de vida que levamos, rexida pola Regra de San Bieito que se resume no lema Ora et labora (reza e traballa).
O señor abade acompañounos ata o claustro onde se despediu de nós, non sen antes indicarnos que tiñamos que esperar un pouco polo frade que había facer de guía, pois tiña que acudir á reunión na sala capitular e realizar unhas encomendas pendentes.
Ó pouco tempo, os monxes saían da sala capitular coas ordes fresquiñas cara ós seus cometidos e no mosteiro, como unha pequena vila, todo era movemento. Daquela empezabamos a comprender que os mosteiros, ademais de centros relixiosos e culturais, eran unidades económicas cunha organización tal que nelas podían realizarse todas as actividades que posibilitaban vivir a toda a comunidade de frades sen necesidade de acudir ó exterior máis ca en contadas ocasións. Axiña chegou o guía. Despois de saudarnos moi afablemente dixo:
- Estamos no claustro, lugar de paseo, meditación e onde realizamos as procesións. O claustro e a igrexa son elementos imprescindibles en calqueira mosteiro. Fixádevos nas arquerías e na fonte onde lavamos as mans antes de comer. Desde aquí vaise a case todas as dependencias do mosteiro.
Como xa coñeciamos os dormitorios, a pousada e o refectorio, o frade-guía propúxonos visitar a cociña e para alí nos diriximos. Era grande. Uns leigos chegaban do galiñeiro con varios polos que se puxeron a desplumar; outros comezaron a preparar os grandes potes onde cocerían os alimentos daquel día e prenderon o lume debaixo da enorme cheminea que posuía unha formidable gramalleira. Nunha parede abríase o forno onde se cocería o pan para toda a semana que un dos pinches se dispoñía a amasar.
Ó sairmos da cociña, demos unha volta rápida polos campos de cultivo, moi coidadiños eles. A horta estaba cerrada por un alto muro de pedra que a separaba das terras circundantes. Nela puidemcs observar unha gran variedade de verzas e hortalizas e un curruncho onde se cultivababn herbas aromáticas e medicinais: camomila, ruda, romeo, herba luisa, menta, poexo, lavanda, tomiño, sarxa e outras moitas que non lembro.
Pasamos polas cortes, galiñeiro, almacéns e obradoiros, onde varios frades traballaban a madeira e o ferro, pero ó oiren osar a campá, ó toque de tercia, abandonaron o labor dirixíronse á igrexa. Nós fixemos o mesmo. Despois deste rezo, cuarto do diario oficio divino, quedamos un momento na igrexa para observala con certo vagar. Sorprendeunos a súa fermosa sinxeleza artística, así como a escasa luz exterior que nos envolvía a todos.
Logo fomos conducidos
á sala capitular, lugar suntuoso, nobre e con abundante decoración.
Un de nós preguntou ó frade por qué se chamaba capitular.
- A sala capitular é como a sede do goberno do mosteiro. Aquí repártense as tarefas diarias e trátanse os problemas do convento buscándolles solucións. Ademais confesamos publicamente os nosos pecados e todos coñecemos a penitencía que se nos impón por eles. Pero o nome de sala capitular vénlle de que aquí é onde se len os capítulos da Regra Benedictina.
Cando íamos visitar a escola para xente que vivía no contorno próximo ó mosteiro, o noso guía informounos de que o mosteiro estaba dirixido por un abade elixido democraticamente polos frades.
- Aquí, seguía dicindo, a vida é moi rigorosa. Erguémonos moi cedo; facemos oración oito veces ó día, ademais das misas, reunións na sala capitular, procesións, meditación e lecturas. Todo ten a súa hora e o seu lugar. A obediencia é cega. Despois das obrigas espirituais, cada un ten o seu cometida: coidar os animais, cultivar a terra, copiar e ilustrar libros, controlar a cociña, traballar nos obradoiros, ensinar, atender a enfermería...
- ¿E nunca descansan vastedes?
- Si. Descansamos despois do rezo das completas ata o de matíns. Durmimos unhas sete horas diarias e despois de xantar, tamén descansamos unha hora aproximadamente.
Visitamos a escola e a enfermería.
- Na escola tamén se explican causas prácticas, dixo a frade, como a mellora dos cultivos ou a fabricación de novos apeiros. Na enfermería aténdese a doentes da bisbarra. Todo isto serve para interesar á xente na vida relixiosa.
Para irmos á biblioteca
tivemos que subir por unha escaleira ancha, con pasamán de madeira
ben tallada. Alí, nunha ampla nave can mesas inclinadas, situadas
preto das fiestras, uns frades copiaban grandes libros colocados sabre
atrís. Outros decoraban con miniaturas as iniciais de cada parágrafo,
usando estiletes que mallaban en tinta azul ou púrpura. Se alguén
se equivocaba, raspaba o pergamiño cunha pedra pómez. Nos
andeis apilábanse libros que, ás veces, algúns monxes
collían para consultar.
- Estes frades, dixo o guía, debido ó traballo que escolleron, teñen que aproveitar todas as horas de luz, por iso están dispensados dos rezos de tercia, sexta e nona. Só acoden ás vésperas cando anoitece e ás completas despois de cear.
Esta biblioteca e este escritorio foron a xermolo do que, a partir do século XVI, sería o Estudio e máis tarde Colexio no que estudiarían e impartirían ensino moitos persoeiros importantes, entre os que cabe salientar Frei Sarmiento e Frei Feijóo.
Abandonamos a biblioteca e, ó toque de sexta, congragáronse os frades na igrexa para os seus rezos e misa maior a continuación.
Ó remataren o santo oficio, os frades acudiron ó refectorio para xantar as viandas que desde a mañá se viñan preparando na cociña. Os frades, despois de lavar as mans, chegaban en fileira e colocábanse xunto a mesa, en silencio e coa capucha sobre a cabeza. O señor abade fixo a acción de gracias e os monxes quitaron as capuchas e sentaron.
Xantaron en absoluto silencio. Cando remataron volveran poñerse en fileira, colocaran as capuchas na cabeza e encamiñáronse cara ás súas celas para descansar e ler aquel que o quixese. Despois do descanso, cada un volvía ó seu traballo.
Nosoutros decatámonas que case pasamos o día no mosteiro de Lérez e non avanzaramos moito no camiño de Compostela, tal coma era o noso propósito. Así que tratamos de marchar, ó que se apuxo o señor abade, aconsellándonos que pernoctáramos no mosteiro un día máis e que sairamos ó día seguinte de mañá cedo. Deste xeito, coñeceriamas a vida no convento durante un día enteiro. Non foi difícil convencernos e tamámoslle a palabra de seguido, pero dixémoslle que nos gustaría pasear pola carballeira e baixar ata a beira da ría. Así o fixemos mentres o convento funcionaba ordinariamente.
Oímos os toques de nona e de vésperas que avisaban ós frades para que acudisen ós rezos. Nós sabiamos que despois de vésperas servíase a cea e aproximámonos ó refectorio. Repetiuse un rito semellante ó do xantar. Ó rematar, os frades dirixíronse ó coro para rezar as completas, última oración do día.
A igrexa estaba sumida na penumbra, iluminada a penas polos dous candís do altar. Os monxes sentaron nos bancos e o mesmo fixemos nós ó fondo da igrexa. O mestre cantor, cunha voz de baixo, camezou a cantar salmos que contestaba o señor abade, e todos os monxes coreaban:
Bendecide ó Señor,servos todos do Señor
Rematados os oficios divinos, os frades retiráronse
con recollemento ás súas celas e nós tamén.
A xornada no mosteiro de Lérez tocaba ó seu fin.