Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a Asociación Sociocultural Cedofeita de Lérez celebrou un acto, no serán do venres 24, no CEIP "San Benito de Lérez" da dita parroquia (ó non estar habitable o local social), que contou cunha elevada participación de preto de 100 persoas, entre nenos e maiores.
En primeiro lugar, houbo unha charla sobre a figura do ilustrado Frei Martín Sarmiento, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, en torno á súa relación coa "boa vila", o convento bieito de Lérez e os seus estudios en torno á lingua galega, educación, botánica, bioloxía, descricións xeográficas e demais amplos saberes do grande polígrafo.
A continuación, o grupo de teatro do IES A Xunqueira puxo en escea a obra "Crimes Exemplares", que causou o entusiasmo de todos os presentes. A entrega de premios ós galardoados no concurso literario convocado entre os alumnos e alumnas dos centros da zona ocupou a derradeira parte do acto; tamén se fixo entrega dun agasallo a todos os nenos asistentes.
Os alumnos premiados nestas Letras Galegas 2002 foron:
Primeiro ciclo de Educación primaria
1º - Alexandra
Torres Kyriazis (1º CEIP "San Benito de
Lérez")
2º - Iria Durán
Canosa
(2º CEIP "San Benito de Lérez")
3º - Iván Manuel Ramírez Barreiro (1º CEIP "San
Benito de Lérez")
Accesit - Rubén Cacabelos Acuña (2º CEIP "San Benito de Lérez")
Segundo ciclo de Educación Primaria
1º - Jénnifer
Casalderrey Soria (4ºA CEIP "San Benito de Lérez")
2º - Iago Filgueira
Buceta (3º
CEIP "San Benito de Lérez")
3º - Ángela Pedrouso
Areán (4ºB CEIP
"San Benito de Lérez")
Accesit - Miguel García González (4º CEIP "A Xunqueira I")
Terceiro ciclo de Educación Primaria
1º - Patricia Amado
Carro (6º
CEIP "San Benito de Lérez")
2º - Javier Rajo
Iglesias
(6º CEIP "San Benito de Lérez")
3º - Tamara Filgueira Vázquez (5ºB CEP
"Xunqueira II")
Accesit 1º - Mirian
García Argibay (5º CEIP "San Benito de Lérez")
Accesit 2º - Javier Rodríguez-Jorge Vidal (6º CEP
"Xunqueira II")
Primeiro ciclo de ESO
1º - Laura Varela
Molina (1º B
IES "Xunqueira II")
2º - Alexandre de la Torre Tobío (1º C IES "Xunqueira
II")
3º - J. Antonio Barreiro Penado (1º A IES
"Xunqueira II")
Accesit - Elena Martín Lores (1º B IES "Xunqueira II")