Os termos Ciclos Formativos e Módulos Profesionais son vocablos recentes que se están a escoitar a cotío, principalmente por aquelas familias e rapaces que remataron ou están a rematar o ensino obrigatorio, e os estudios universitarios non están entre as súas espectativas. Como todo o novo cómpre afacerse a eles, por tanto coidamos de interese falar sobre estes estudios regrados de formación profesional, informando da FP 1 e FP II da antiga Lei de Educación do 1970 e da nova Formación Profesional Específica no marco da actual Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo -LOXSE- de 1990, que abranguen a todo o estado español.
No actual curso 1999-00
conviven ámbolos dous sistemas regrados de estudios, tanto nos centros
públicos como nos de ensino privado. Mais polo proceso de extinción
gradual das ensinanzas establecidas pola citada lei 14/70, e como consecuencia
da implantación progresiva da nova lei 1/90, neste curso xa non
se poden realizar estudios de FP 1 -nin de 2º de BUP-.É
conveniente aclarar que se fixa no caso das materias pendentes a avaliación
das mesmas só durante dous cursos académicos, no caso de
pendentes de 2º de BUP este curso 1999-2000 e o 2000-2001.
Ademais que:
a) Os/as alumnos/as nados no 1981, que cursaran 2º de FP 1 ou 2º de BUP, e teñan máis de 2 suspensas só poderán matricularse nun Programa de Garantía Social, ou na modalidade de Educación de Adultos, nivel III -cara á obtención do título de graduado en ESO, en réxime presencial ou a distancia.
b) Os /as do ano 1982, coas condicións
antes citadas, poden matricularse en:
4º da ESO polo réxime ordinario,
nun PGS, ou en adultos (*)
Así, nos antigos centros de Formación Profesional -hoxe denominados lES <Institutos de Ensino Secundario>- do noso entorno ( lES “A Xunqueira”, lES “Luis Seoane” -Monteporreiro- e lES “F. Martín Sarmiento” -Politécnico/ Avda. de Vigo ) no actual curso aínda se imparten as seguintes ramas e cursos de FP II, no que se acada o título de Técnico Especialista na rama e especialidade cursada.
lES “A Xunqueira"
Automoción - 1º, 2º e 3º
de FPII (ou sexa 3º, 4º e 5º do Réxime Xeral).
Electrónica / e Equipos Informáticos
2º e 3º cursos (4º e 5º do R.X.)
Ebanistería, 3º curso (5º
do R.X.)
lES “L. Seoane"
Administrativo.- 1º, 2º e 3º
de FPII + 3º por nocturno.
lES “F. Martín Sarmiento"
Perruquería.- 1º, 2º e
3º de FP II.
Estética.- "
" "
Laboratorio.-"
" "
Nocturno (Acceso e 3º e 4º)
lES “A Xunqueira 1"
Xardín de Infancia.- 1º, 2º
e 3º de FPII
lES “Chan do Monte”(Marín)
Informática.- 1º, 2º e
3º de FPII.
Administrativo.- 1º, 2º e 3º
de FPII
Nocturno.- 2º e 3º de FPII.
A FORMACIÓN PROFESIONAL
ESPECÍFICA DE GRAO MEDIO E GRAO
SUPERIOR.
O obxectivo da Formación Profesional no ámbito do sistema educativo “é a preparación dos alumnos/as para a actividade nun campo profesional e a súa capacitación para o desenvolvemento cualificado das diferentes profesións, proporcionándolles unha formación polivalente que lles permita adaptarse ás modificacións laborais que se poidan producir ó longo da súa vida” -Guía 1999-2000 0 ensino en Galicia- e engade “por isto oriéntase non só cara á adquisición de coñecementos, senón, sobre todo, á adquisición de competencias profesionais (que deben entenderse como o conxunto de coñecementos, destrezas e actitudes adquiridas a través de procesos formativos ou da experiencia laboral) que permitan desempeñar e realiza-los roles e situación de traballo requeridos no emprego”.
A actual lei de educación
1/90 pretende darlle unha nova orientación e valor á formación
profesional e así:
por unha banda introduce unha formación
profesional de base no ensino obrigatorio -ESO- coa área de Tecnoloxía.
pola outra fai que o acceso ós ciclos
formativos sexan coa debida preparación académica -título
en ESO para os Ciclos Medios ó igual ca para os bacharelatos e o
título anterior para os Ciclos Superiores-. (Mais xa no Consello
de Ministros do 17/9/99 na “Lei de Acompañamento ós Presupostos”
modifica a LOXSE para posibilitar o acceso á FPE de grao superior
a quen cursase o grao medio. O cal se ben facilita o acceso directo ó
ciclo superior sen ter o título de bacharelato, preocupación
que están a vivir os que cursan actualmente os ciclos medios dada
a dificultade actual da proba de acceso ós ciclos superiores para
os alumnos de máis de 20 anos, a igualdade de nivel académico
a principio do ciclo que pretendía de principio a lei queda xa desvirtuada).
A Formación Profesional Específica comprende un conxunto de Ciclos Formativos -Grao Medio e Grao Superior- agrupados en 22 Familias profesionais comúns para todo o estado, dende as “actividades agrarias, actividades físicas e deportivas, marítimo-pesqueiras ata a hostelería, sanidade, química, informática ou vidro e cerámica”
Os Ciclos de Formación Profesional Específica -FPE- van ter unha duración entre as 1300 e 2000 horas, impartidos en xeral a través de dous cursos académicos, e que se organizan en Módulos Profesionais (“asignaturas”) de formación teórico-práctica e cunha duración que estará en función das características do título correspondente.
Un dos módulos diferenciais é o de Formación en Centros de Traballo (FCT) cunha duración sobre 400 horas, que se realiza unha vez cursados os correspondentes módulos teórico-prácticos, que se organizan en xornadas laborais completas e cun seguimento polo titor da empresa e o do centro educativo, cun seguimento quincenal e do caderno do alumno. O nivel de cualificación está homologado pola Unión Europea.
Outra das características
máis salientables dos estudios desta FPE é que non existen
as clásicas asignaturas comúns- Lengua Española,
Lingua Galega, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física,
Química, Educación Física, Idiomas, etc.- para realizar
os estudios teórico-prácticos dos diferentes módulos
que forman cada ciclo, como se desprende dos exemplos dos que falaremos
de seguido.
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
- Titulación: TÉCNICO. No Ciclo Formativo desa familia profesional
- Condicións para a súa realización -acceso-:
A) Acceso directo:
- Co Título de Graduado en Educación
Secundaria -ESO-.
- Título de FP 1
- 2º de BUP aprobado.
- Ter superados outros cursos declarados
equivalentes 1º ciclo de REM, etc.-
B) Acceso mediante Proba (cunha destas
condicións):
- Ter 18 anos cumpridos ou cumprilos no
ano de realización da proba.
- Acreditar un ano de traballo/ou inscrito
no servicio galego de colocación -“paro”-.
- Ter esgotada a escolaridade na ESO.
- Certificado de escolaridade FP 1.
- Ter superado un Programa de Garantía
Social -pode haber convalidacións específicas-.
- Ter cursado o 1º ciclo das ensinanzas
experimentais.
* Dereito ó 20% das prazas de ciclo.
Acumulables segundo candidatos.
* Inscrición e realización
da Proba no centro elixido como primeira opción. Mes de xuño/
e segundo haxa prazas tamén en setembro.
* Contidos da Proba: referencia no currículo
da ESO. Dúas partes:
a)contidos do ámbito socio-lingüístico
b) do científico-tecnolóxico.
- Exemplo dun Ciclo Medio - módulos e distribución horaria-.
Ciclo Medio: “Electromecánica
de vehículos"
Familia Profesional: “Mantemento de vehículos
autopropulsados” Duración: 2.000 horas
1º Ano. Módulos.
-Motores (160 horas)
-Circuítos de fluidos, suspensión
e dirección. (220)
-Circuítos electrónicos básicos.
Sistemas de carga e arranque do vehículo. (220)
-Administración, xestión e
comercialización na pequena empresa. (60)
-Técnicas de Mecanizado para o mantemento
do vehículo. (120)
-Seguridade e mantemento do vehículo.
(60)
- Formación e Orientación
laboral -FOL- (60)
- Horas a disposición do centro.
(90)
2º Ano
-Sistemas auxiliares do motor. (220 horas)
- Sistemas de transmisión e freado.
(150)
- Circuítos eléctricos auxiliares
do vehículo. (130)
- Sistemas de seguridade e confortabilidade.
(130)
- Formación en Centros de Traballo.
CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR
- Titulación: TÉCNICO
SUPERIOR.
O Ciclo Formativo desa familia profesional,
dá acceso directo ó 30% das prazas de estudios universitarios
de ciclo curto (Diplomaturas, Enxeñerías técnicas,
etc.) en relación coa especialidade cursada.
- Condicións para a súa
realización -acceso-:
A) Acceso directo: (orde preferente,
DOG 1/7/98 e 6/5/99)
-Titulados/as no Bacharelato -LOXSE-. (Prioridade
segundo rama/modalidade de bacharelato, expediente académico e asignaturas
cursadas).
-Ter superado o 2º ciclo de REM
-Ter COU aprobado ou Preuniversitario.
-Título de FP II, Técnico
superior ou equivalente para efectos académicos.
- Estar en posesión dunha titulación
universitaria ou equivalente.
* Espera do desenvolvemento lexislativo
segundo o aprobado no Consello de Ministros -17/9/97- cara ó acceso
co título de Técnico (Ciclo Medio).
B) Acceso mediante Proba.
-Ter 20 anos cumpridos.
* Dereito ó 20% das prazas de ciclo.
Acumulables.
* Inscrición para a realización
da Proba no centro elixido como primeira opción. Mes de xuño/
e segundo prazas tamén en setembro.
* Contidos da Proba: referencia no currículo
do bacharelato.
Partes:
a) contidos xerais do socio-lingüístico
b) específica segundo rama profesional.
-Exemplo dun Ciclo Superior módulos e distribución horaria-
Ciclo Superior: “Sistemas de Telecomunicacións
e Informáticos”
Familia Profesional: “Electricidade e Electrónica”
Duración: 2.000 horas
1º Ano. Módulos.
- Sistemas de telefonía. (210 horas)
Arquitectura de equipos e sistemas informáticos. (185)
- Sistemas operativos e linguaxes de programación.
(265)
- Calidade. (55)
- Seguridade nas instalacións de
telecomunicación. (55)
- Relacións no contorno de traballo.
(55)
- Formación e Orientación
laboral. (55)
- Horas a disposición do centro.
(80)
2º Ano:
-Sistemas de radio e televisión.
(165 horas)
-Sistemas telemáticos. (110)
-Xestión do desenvolvemento de sistemas
de telecomunicacións e informáticos. (125)
-Administración, xestión e
comercialización na pequena empresa. (80)
-Proxecto integrado. (90)
-Formación en centros de traballo.(380)
CICLOS IMPARTIDOS EN CENTROS DO NOSO ENTORNO NESTE CURSO 1999/2000
- Centros Públicos, no concello
de Pontevedra:
lES “Sánchez Cantón"
-CS (Ciclo Superior) “Animación de
actividades físicas e deportivas”
lES “Frei Martín Sarmiento" :
-CM (Ciclo Medio) “Equipos e instalacións
electrónicas”
-CM “Mecanizado”
-CM “Perruquería”
-CM “Coidados auxiliares de enfermería”
-CS “Desenvolvemento e aplicación
de proxectos de construcción”
-CS “Instalacións electrotécnicas”
lES “A Xunqueira"
-CM “Equipos electrónicos de consumo”
-CM “Electromecánica de vehículos”
-CM “Fabricación a medida e instalación
de carpintería e moble”
-CS “Desenvolvemento de productos electrónicos”
-CS “Sistemas de telecomunicación
e informáticos”
-CS “Producción de madeira e moble”
lES “A Xunqueira I"
-CS “Educación infantil”
lES “Luis Seoane"
-CM “Xestión administrativa”
-CS “Administración e finanzas”
-CS “Secretariado”
-CS “Xestión comercial e marketing”
lES “Carlos Oroza"
-CM “Cocíña”
-CM “Pastelería e panadería”
-CM “Servicios de restaurante e bar”
-CS “Información e comercialización
turísticas”
-CS “Restauración”
Centro. “Fogar Provincial Príncipe
Felipe"
-CM “Impresión en artes gráficas”
-CM “Preimpresión en artes gráficas”
-CM “Farmacia”
CECA de Lourizán
-CM “Traballos forestais e de conservación
do medio natural”
-CM “Xardinería”.
- Centros privados.
Los Sauces.
-CS “Administración de sistemas informáticos”
-CS “Información e comercialización
turísticas”
-CS “Xestión comercial e marketing”
- Outros Ciclos formativos en centros limftrofes co noso concello:
Marín.- lES “Chan do Monte": CM de “Xestión administrativa" “Comercio” e “Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor”. CS de “Administración de sistemas informáticos”.
Poio.- lES de Poio: CM de “Conducción de actividades físicas e deportivas no medio natural”.
Soutomaior.- “Santiago Apóstol” (privado): CS “Administración de sistemas informáticos"
Aínda que para o vindeiro curso estes centros poden ofertar algún ciclo máis, é de salientar que das familias profesionais como “Comunicación, imaxe e son “, “Industrias alimentarias”, “Química”, “Sanidade”, “Téxtil, confección e pel” e “Vidro e cerámica” non se ofertan ciclos formativos ou meramente simbólicos na nosa zona. Sendo igualmente significativo que os ciclos formativos dos centros privados máis cercanos sexan do ciclo superior e de “bata branca e garabata”.
OS PROGRAMAS DE GARANTÍA SOCIAL.
A LOXSE contempla que
aqueles alumnos/as que non acaden os obxectivos -Título- de educación
secundaria obrigatoria, poderán seguir unha formación básica
e profesional que lles posibilite a incorporación á vida
activa ou a proseguir os estudios de ciclo medio -mediante unha Proba-.
- Os destinatarios serán os mozos/as
con 16 anos no ano natural de comezo do programa e menores de 21.
- A súa duración oscilará
entre as 800 e 1000 horas -un curso-
- Contempla unha área de formación
profesional específica, unha de formación básica,
formación e orientación laboral, actividades complementarias
e titoría.
* Pero é motivo de reflexión:
1º.- A escasa oferta dos mesmos no
noso concello -só o Centro P. Felipe con 9 programas “Iniciación
a cultivos hortícolas”, “Servicios auxiliares de oficina”, “Iniciación
á imprenta rápida e manipulados”, “Iniciación á
soldadura e ás construccións metálicas”, “Iniciación
ós servicios de restaurante e bar”, “Iniciación á
estética”, “Iniciación á perruquería”, “Iniciación
á carpintería de madeira maciza”, “Mantemento á mecánica
e á electricidade do vehículo” e “Iniciación ás
operacións de téxtil e confección”; dos que catro
están dirixidos a alumnos/as con necesidades educativas especiais-,
e o lES “F. Martín Sarmiento” que oferta 1 de “Metal”. O
pasado curso o “CECA de Lourizán” ofertaba un PGS “Iniciación
ó eido forestal”.
2º.- A precaria oferta destes programas pode obedecer a certas causas: dende a súa escasa duración -só un curso -fronte ós dous dos das Escolas Taller e ademais a remuneración destes últimos-, a un deseño común da Consellería de Educación e de Familia e Xuventude neste eido, a uns módulos pouco prácticos ligados e non ligados ós niveis profesionais máis demandados no mercado laboral, á falla de implicación do Concello e a Administración educativa nunha oferta adaptada, a non obrigatoriedade de ofertalos en todos os centros de secundaria para cubrir as necesidades do alumnado que os demande, etc.
Coidamos, por tanto que
a Comunidade Educativa dos centros -profesorado, alumnado e pais-. A Administración
educativa, e principalmente o Consello Escolar Municipal teñen que
reflexionar e tomar as necesarias medidas sobre a oferta profesional que
impulse e consolide o desenvolvemento social e económico da nosa
bisbarra.
XOSÉ LUIS ESTÉVEZ