Bieito camiñaba á beira do Lérez, naquel morno
serán de finais
de
xuño, cavilando nas notas que lle deran pola mañá.
Rematara o oitavo
da
Educación Xeral Básica -a EXB-, tiña xa quince
anos e as súas
calificacións
foron moi "raspadiñas", el xa o supuña porque
tivera que
repetir este
derradeiro nivel do ensino obrigatorio; aínda que non vía
moi
claro se o ensino
obrigatorio era hoxe ata os catorce anos da EXB, ou ata
os
dezaseis diso da ESO o novo <ensino secundario obrigatorio>,
como
comentaran no
colexio. Pero o caso é que tiña que o falar cos seus
pais
e decidir que faría
o vindeiro curso ¨FPI? ¨3º de ESO? ¨1º de BUP?¨
ir traballar? (non, 16 anos é a
idade legal laboral).
Esta é unha situación común e trascendental ó
remate do ensino
obrigatorio,
que afecta a nenos e pais. Da que imos falar a continuación,
e sobre os cambios que se estan
a producir na actualidade co remate dun
sistema
educativo <o da Lei de Educación do 1970> e o actual, a
medio
implantar, da LOXSE
<Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo>,
leis orgánicas que abranguen a
tódalas autonomías do estado español.
Como dicía Bieito, a LOXSE amplía en dous anos máis
-de 6 a 16
anos, 10
cursos- o ensino obrigatorio respecto ó anterior sistema
educativo, estructurándose
en:
- Etapa de Educación
Infantil (1º ciclo de 0-3 e 2º ciclo de 3-6 anos)
non obrigatoria.
-
Etapa de Educación Primaria (6-12 anos, 6 cursos, 1º, 2º
e 3º ciclo)
e a
Educación Secundaria Obrigatoria -ESO- (12-16 anos, 4 cursos,
1º ciclo e 3º e 4º)
ensino obrigatorio.
-
Bacharelatos (16-18 anos, 2 cursos) ESPO <ensino secundario
postobrigatorio> Formación
Profesional específica de Grao Medio e Grao Superior cos seus
Ciclos Formativos.
- Calendario de posta en marcha
do novo sistema:
Neste ano e nos seguintes ata o ano 2000 van deixarse de cursar
a EXB, o BUP e as FPI e FPII
para impartirse gradualmente o novo, asi :
Curso 1997-98
.
Impártese 2º de ESO -deixa de impartirse 8º de EXB-.
Curso 1998-99
.
Impártese 3º de ESO -desaparecen 1º de BUP e 1º
de FPI-
. Impártese 1º
dos Bacharelatos novos -desaparecen 3º de BUP,
1º FPII de EE-
Curso 1999-2000
.
Impártese 4º de ESO -desaparecen 2º de BUP e 2º
de FPI-
. Impártese 2º
dos novos Bacharelatos -desaparecen COU e 2º FPII
de EE-
. A nova Formación Profesional
específica de Grao Medio e Superior
implantarase
progresivamente ó longo destes anos.
SISTEMA EDUCATIVO
DA LEI DO 1970
- Despois da EXB:
Como xa comentamos o curso 1996-97 foi o derradeiro 8º de EXB
do anterior sistema, tendo o
título de Graduado Escolar os que
"aprobaban",
e o Certificado de Escolaridade os que estivesen escolarizados
de oito a dez anos e non
acadasen os obxectivos desa etapa. Así,
Bieito e outros nenos coma el poden acceder con:
- Graduado Escolar a:
. 1º de BUP (derradeiro ano)
. 1º de FPI (derradeiro ano)
. 3º de ESO
- Certificado de Escolaridade a:
. 1º de FPI (último ano)
. 8º de EXB + 16 anos a 3º de ESO
. 6º de EXB rematado a 1º de ESO
* Para obter o Graduado despois de "saír da escola" poden facelo:
. Asistir as probas de Promoción no colexio en que estudiaron
(2 convocatorias, xuño e
setembro).
. Exames libres convocados pola Delegación de Educación
(en maio e en setembro).
. Matricularse en Centros Públicos de Educación
Permanente
de Adultos:
Colexio de Barcelos (polo ser n), Radio ECCA
(non
presencial),...
- Con 16 anos:
. Mundo laboral
. Formación Ocupacional (Plan F.I.P.,
Escolas Taller,...)
- Estudios de BUP
(Bacharelato Unificado e
Polivalente)
. Acceso con: Graduado Escolar,
antiguo bacharelato elemental,
Técnico
Auxiliar (FPI) validando asignaturas.
.
3 cursos académicos -sobre 32 horas semanais, 10
asignaturas-
. Titulación
de Bacharelato que da acceso a COU
-Curso de Orientación Universitaria-, a FPII, ó mundo
do traballo
-sen cualificación específica-
. Réxime nocturno -en certos
institutos-, condicións: ter 18 anos,
ou idade laboral e acreditar que está traballando
.
Ensinanza a distancia (INGABAD) en Pontevedra o IB "Sánchez
Cantón" .
.
Ensinanza libre (centros privados...)
- Estudios de Formación
Profesional de Primeiro Grao (FP I)
. Acceso con: Graduado Escolar,
Certificado de Escolaridade de EXB,
Bacharelato Elemental -antiguo-, outros plans extinguidos
equivalentes.
. 2 cursos
(sobre 32 horas. Áreas Formativas e Técnico-prácticas.
Ramas e profesións).
.
Titulación de Técnico Auxiliar -Certificado de
Escolaridade ó non
superala)
. Saídas : a FP II,
2º de BUP -convalidacións-, Mundo laboral -con máis
de 16 anos-.
Ensinanzas non escolarizadas
-Proba libre, convocatoria no DOG en marzo
e
setembro-.
- Nocturno -18
anos, ou 16 e traballando-.
- Estudios de F.P. de
Segundo Grao (FPII)
. Acceso: Título de FP I
en calquera rama, Bacharel Plan 1975,
Bacharel
Superior Xeral Técnico -Plans 1953 e 1957-, Capataz Agrícola,
Superadas Artes Aplicadas e
Oficios Artísticos, outros.
.
Plan de Ensinanzas Especializadas -3 cursos, sobre 32 horas
semanais-
. Réxime
Xeral -2 cursos + Curso complementario de Acceso-
.
Titulación: Técnico Especialista -na rama e
especialidade cursada-.
Certificado
de Escolaridade de estudios cursados.
.
Saídas ó Mundo Laboral: Acceso
Escolas Universitarias -reserva
do
30% das prazas, segundo rama-, matrícula en COU.
- Convalidacións:
. de BUP a FP
. Bacharelato por FPI
. A FPII Curso de Acceso previo ó Réxime
Xeral; áreas de
formación
básica agás Idioma, EF... no réxime de
Ensinanzas
Especializadas.
. Estudios incompletos valida asignaturas.
.
de COU
. valida tamén Idioma moderno agás en
Administrativo e Hostelería.
· FPII, equivalente a
BUP, acceso a COU
. Entre FP
asignaturas.
SISTEMA EDUCATIVO
DA LOXSE, 1990.
- Educación Infantil
- Educación Primaria
- Educación Secundaria
Obrigatoria (ESO)
. A continuación da Etapa de
Primaria.
. 4 cursos, 1º e
2º (Primeiro ciclo), 3º e 4º.
.
Título de "Graduado en Educación Secundaria"
necesario para o acceso
ós
Bacharelatos ou F.P. de Grao Medio
(Só poden repetir un ano en
Primaria, e outro en Secundaria -en xeral-.
Tamén
igualmente pódese excepcionalmente flexibilizar a escolaridade
por sobredotación ou
n.e.e.)
* Impártese 2º Ciclo
da ESO curso 1997-98 en Pontevedra: -"Luis Seoane"
Monteporreiro, IES "A
Xunqueira", "Pontevedra IES", Extensión do IES
no IB nº 5; Marín
IES "Chan do Monte" Mogor, en Poio, no IES,...-.
* ESO no E.P.A. do Colexio de
Barcelos a partir dos 18 anos (2 cursos
-4
módulos de carácter trimestral). Horario tamén
polo serán.
- Novos bacharelatos (ESPO)
. Acceso co título de
Graduado na ESO.
. 4 tipos:
Tecnolóxico, Natureza e Saúde, Humanidades e Ciencias
Sociais,
e en Artes.
Preferentes para a elección de estudios universitarios.
(Non tódolos centros
impartirán os diversos tipos).
.
Titulación necesaria para:
. Proba de acceso á Universidade
. FP de Grao Superior
* Impártese no curso actual: IES
"Luis Seoane" (Humanidades), IES
Pontevedra
(Tecnolóxico e C. da Natureza)
- Formación Profesionais Específicas
Sobre 22 Familias profesionais, comúns a todo o
estado,
dende
"Actividades agrarias, Físicas e deportivas,
Marítimo-pesqueiras,
Administración
... ata Vidro e cerámica". A súa vez cada unha
delas pode
comprender
varios ciclos formativos.
- FPE de Grao Medio:
- Condicións de acceso:
. Título de Graduado en ESO
. Título de Técnico Auxiliar (FPI)
. Aprobado 2º de BUP
. 2º do 1º Ciclo da Reforma EM
. 3º do plano 1963 de Artes e Oficios.
. 18 anos + Proba -unha socio- cultural e outra
científico-técnica,
segundo
o Ciclo Formativo, a nivel de ESO-.
-
Duración de 1300 a 2000 horas de formación a
impartir nun centro
educativo
e no de traballo.
- Titulación:
Técnico no Ciclo Formativo desa Familia Profesional.
-
Ciclos de Grao Medio nos Centros Públicos da zona:
.IES Hostelería -Pontevedra: "Cociña",
"Servicios de restaurante
e
bar" e "Pastelería e panadería".
.CPFP Príncipe Felipe: "Preimpresión en
artes gráficas"
.IES Politécnico: "Equipos e instalacións
electrotécnicas", "Mecanizado",
e
"Coidados auxiliares de enfermería"
. IES Luis Seoane: "Xestión administrativa".
IES A Xunqueira: "Equipos electrónicos de consumo"
e "Fabricación
a
medida e instalacións de carpintería e moble".
. CECA Lourizán: "Traballos forestais e de
conservación do medio
natural.
. IES Chapela: "Farmacia"
. IGAFA Illa de Arousa: "Operacións de cultivo
acuícola".
- FPE de Grao Superior
- Condicións de acceso:
. Título de bacharelato LOXSE
. Superado 2º Ciclo de REM
. COU ou Preuniversitario
. Técnico Especialista (FPII)
. Titulación universitaria
. Outro título de Técnico Superior
. 20 anos + Proba -dúas partes sociocultural e científico-
tecnolóxica, segundo ciclo, e a
nivel do bacharelato-
-
Duración: de 1400 a 2000 horas entre o centro educativo
e o de traballo.
- Titulación:
Técnico Superior na correspondente profesión para
acceder
ó mundo
laboral ou a estudios universitarios segundo Familia profesional.
- Ciclos Formativos de Grao
Superior que se imparten no curso1997-98 na
nosa
zona:
. IES A Xunqueira I: "Educación infantil".
. IES Politécnico (Avd. de Vigo): "Desenvolvemento
e aplicación
de
proxectos de construcción" e "Instalacións
electrónicas".
. IES Luis Seoane: "Administración e finanzas"
e "Secretariado".
. IES Sánchez Cantón: "Animación de
actividades físicas e
deportivas".
. IES A Xunqueira: "Desenvolvemento de productos
electrónicos".
. IES Chapela: "Dietética"
. IGAFA Illa de Arousa: "Producción acuicola".
. S. Apóstol (Soutomaior)-Privado- :"Administración
de sistemas
informáticos"
(Para máis información
Delegación de Educación e O.U., Av/ Montero Ríos
Telf.: 986-805900)
-Programas de Garantía
Social
A LOXSE prevé un tipo de ensinanzas específicas como
parte de
atención
á diversidade, alumnos/as que non acadaron o Título na
ESO.
- Obxectivos:
coñecementos básicos dun oficio profesional ou para
acceso
ós ciclos
formativos de Grao Medio (Proba).
-
Para rapazas/ces que cumpran 16 anos no comenzo do programa e
con menos
de 21.
Grupos de 10 a 15.
- Teñen
Áreas de Formación Básica e Profesional
Específica.
-
Duración de 800 a 1000 horas, un curso académico.
- Modalidades
a)nun centro educativo
b) formación básica no centro e profesional en
colaboración con
outras
entidades públicas ou privadas
c) na totalidade nesas entidades autorizadas por Educación..
- Na nosa zona estáse a
ofertar en centros públicos:
FP Príncipe Felipe -"Hostelería, Metal,
Agraria, Peluquería, Artes
Gráficas
e.... "
no IPFP: "Metal".
Están a saír no DOGA
- Formación Ocupacional
É a Consellería de Familia, Muller e Xuventude a
responsable da
Formación
Ocupacional.
Hai centros dependentes doutras consellerías e algúns
acomódanse
cara ciclos
formativos de grao medio -Escola de Capacitación Agraria de
Lourizán, outros
aínda non ECA de Salceda de Caselas- (Agricultura).
Escola de Carpintería de
ribeira, Marín (Pesca). Centro Tecnolóxico do
granito, Porriño (Industria).
- Escolas Taller e Casas de oficio
Son programas públicos de emprego-formación que teñen
como
finalidade a inserción
de menores de 25 e de + de 16 anos desempregados.
Cualificación en
alternancia cun traballo productivo, horario regrado,
axuda
económica. Especialidades: "carpintería,
albanelería, cantería,
xardinería,
instalacións eléctricas.
En xeral dependen do Concello, na zona
-Monteporreiro-, preto en Barro,
Poio,
Sanxenxo, Vilanova e Vilagarcía.
- Escola de Canteiros, Poio ( Telf.: 771193)
- Plan F.I.P.
O Plan de Formación e Inserción Profesional está
dirixido a.
demandantes de
emprego no INEM e maiores de 16 anos.
.
Co compromiso de contratar ó 60% dos alumnos demandantes de
primeiro
emprego.
. Impártenos as Organizacións
Sindicais, Empresariais, Concellos ou outras
entidade
a través da Dirección Xeral de Formación e
Emprego da
Consellería
citada.
- Outras saídas: A Milicia
- A) Tropa e marinería
profesional
. Convocatoria
no BOE -recente, sobre 4.000 prazas.
.
Condicións:
+ 18 anos e menos de 27
Certificado de Escolaridade -compromiso corto de 18 a 24 meses-
. Graduado escolar ou FPI -
compromiso longo, 3 anos. Período de formación.
- Selección: fase de concurso e
fase de oposición.
-
Dereitos: seguro médico, dereito a clases pasivas,
retribucións de
grupo D,
prestación de desemprego, tempo limitado segundo cabo1º,
cabo,
soldado.
- B) Escalas:
.
Superior (COU , Selectividade + Proba). Terra, Aire, Armada e
Corpos
Comúns.
. Medias e Técnicas:
(con COU)
. Básica
(BUP ou FP I -especialistas-). Acceso ó 60% das prazas para
clase
de tropa. 50% para
a Garda Civil.
- Outros ademais da Universidade
- Escola Superior de Conservación
e Restauración de Bens Culturais de
Galicia.
. Acceso con COU ou Bacharelato LOXSE + Proba selectiva
(2º quincena de setembro). Telf.: 861251
. 3 cursos. Tres especialidades (Conservación e Restauración
Arqueolóxica, de Pintura e de Escultura).
- Centro Superior de Hostelería
de Galicia
. Título de Certificado, Diploma e Gran Diploma -dende Xefe de
cociña a Director de Grandes Complexos Hoteleiros).
. Acceso con FP II ou COU + Proba selectiva. Duración de 2 a
5 anos. Telf.: 981/523239, 542519
XOSÉ LOIS E. S.