Ciclos formativos: admisión e demanda



No nº 3 da nosa revista CEDOFEITA falamos sobre a nova Formación Profesional Específica no marco da LOXSE que está a sustituir á FP 1 e FP II da Lei de 1970. Imos lembrar en primeiro termo unhas notas xerais sobre esta F.P.E. que está configurada en Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior, para describir a continuación certa problemática que se está a presentar actualmente na oferta dalgúns dos ciclos máis demandados na nosa zona, e rematar cun ranking de ernprego na prensa tanto de titulados universitarios corno de formación profesional.



Notas xerais



• Os ciclos formativos teñen unha duración de 1400, 1700 ou 2000 horas, sendo rnaioría estes últimos; o que vén a ser sobre dous cursos académicos.

• Agrúpanse en 22 familias profesionais comúns a todo o estado, como “actividades agrarias, imaxe persoal, administración, hostalería e turismo, química, sanidade, electricidade e electrónica, informática... ou téxtil, confección e pel, e vidro e cerámica” -a oferta destes dous últimos en Galicia é puramente testimonial-.

• Organízanse en módulos profesionais de carácter teórico-práctico (desaparecen as clásicas asignaturas de matemáticas, física, historia, inglés, etc.), cunha duración dende 55 horas ata máis de 300. Cun módulo específico de Formación en Centros de Traballo (FCT) en xeral con 380 horas, mais nalgúns ciclos chega ata as 740 h. (DOG 29-6-00).

• Os alumnos poderán realizar a matrícula para un mesmo ciclo formativo un máximo de dúas veces polo réxime ordinario. A mesma realízase para todo o ciclo; se o ciclo abrangue máis dun curso académico debe aboar o seguro escolar correspondente a cada ano, e dalle dereito ó alumnado a realizar unha vez as actividades programadas para ese módulo. A matrícula polo réxime ordinario nun ciclo é incompatible con outra ensinanza do mesmo réxime. Ós alumnos matriculados no réxime para persoas adultas non lles son de aplicación estas limitacións.



Ciclos Formativos de Grao Medio.



Titulación: Técnico no ciclo formativo desa familia profesional.

Acceso ós mesmos:

a) directo -graduado en ESO, con FP 1, con 2º de BUP aprobado-

b) Con Proba -mes de xuño, centro elexido en primeira opción; 18 anos, esgotada a escolaridade na ESO, ter un PGS...; dereito ó 20% das prazas (acumulábeis).



Ciclos Formativos de Grao Superior.



Titulación: Técnico Superior.

Acceso ós mesmos:

a) directo -bacharelato LOXSE, COU, FPII-;

b) Mediante Proba -mes de xuño, centro elixido en primeira opción; 20 anos ou 18 título de Técnico da mesma familia; dereito ó 20% das prazas dese ciclo (acumulábeis).

O título dá acceso, segundo familia, ó 19% das prazas (no 2001-02, é o 15% dende o 2002-03) de estudios universitarios de primeiro ciclo - principalmente enxeñerías técnicas- ou a un 7% dalgunha de ciclo longo. (DOG 16-3-00; Guía CiUG 2001).

No actual curso académico 2001-02 aínda se estan a impartir os 3º de FP II (5º) no IES “A Xunqueira” -Automoción-, IES “Luis Seoane” -Administrativo (nocturno), IES “M. Sarmiento” -Perruquería, Estética,e Laboratorio (este tamén nocturno), IES “Xunqueira 1” -Xardín de infancia e IES “Chan do Monte”.Marín -Administrativo, Informática (diurno/nocturno).



Aula de automoción







 



 Aula de automoción





Sobre ciclos máis demandados na nosa bisbarra e a súa admisión.



Ciclos medios

Na nosa zona este curso irnpártense en centros públicos os de:

“lmpresión en artes gráficas, “Preimpresión en artes gráficas” e “Farmacia” no C. Fogar Provincial Príncipe Felipe.

“Equipos e instalacións electrotécnicas “, “Mecanizado “, “Estética persoal e decorativa “, “Perruquería” e “Coidados auxiliares de enfermería” (este tamén en réxime de persoas adultas -tarde/noite-) no IES “Frei Martín Sarrniento”.

“Laboratorio” no IES “A Xunqueira 1”.

“Equipos electrónicos de consumo”, “Fabricación á medida e instalación de carpintería e moble “, “Carrocería” e “Electromecánica de vehículos” no IES “A Xunqueira’

“Comercio” e ‘Xestión administrativa” (tamén adultos) no IES “Luis Seoane”

“Cociña “, “Pastelería e panadería” e “Servicios de restaurante e bar” no IES “Carlos Oroza".

‘Traballos forestais e de conservación do medio natural” no CECA de Lourizán.

"Comercio", "Xestión administrativa" e“Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor” no IES “Chan do Monte”. Marín.

“Conducción de actividades físico-deportivas no medio natural” no IES de Poio.



Os ciclos máis demandados están sendo os relacionados coa electrónica, electrotecnia e electromecánica que xeraron da orde do dobre e triple de alumnos sen praza xa en xuño. Cada ciclo admite unha matrícula de 20 a 30 alumnos/as, dependendo das clases prácticas específicas de cada módulo do ciclo, mais malia ó descenso da poboación vemos que en determinados ciclos esta oferta non chega, dado que na antiga FP era moito máis ampla ó haber máis dun grupo por especialidade e unha ratio ata 40 alumnos, o cal nos indica a necesidade de ampliar dita oferta mediante o réxime de persoas adultas ou ampliación das aulas de prácticas, oferta doutros ciclos das mesmas familias ou complementarias e implantación en localidades como Marín, Bueu, Cangas, Vilagarcía ou O Grove.



Aula de informática







Aula de Informática 







En relación co procedemento de admisión (DOG de 30-5-00) o criterio de “proximidade do domicilio (0 a 5 puntos)” ó haber escasa oferta é pouco significativo pola Circular da inspección de zonificación da provincia (26-6-0 1) no que por ex. “Electromecánica de vehículos” ofertábase en Vilalonga, Vilagarcía, e Pontevedra abranguía a propia zona e todo o Morrazo, xa que o máis próximo xa era o “Paz Andrade” en Puxeiros-. En “Equipos electrónicos de consumo Pontevedra, Cambados, Vilagarcía e Cangas; ou “Laboratorio,,, “Perruquería”. “Carrocería",“Mecanizado” ou “Coidados auxiliares de enfermería” con oferta en só 3 centros, ou “Farmacia", “Xardinería"... con 2, e “Confección", “O peracións de cultivo acuícola”, “Pesca e transporte marítimo” entre outros con 1 para toda a provincia (DOG 22-6-01). Tamén o criterio de “renda da unidade familiar” (0-2 puntos) é pouco discriminativo, polo que e a existencia de irmáns no centro” e en menor medida “familia numerosa" e “minusvalidez”son os que van decidir a súa admisión.

Respecto ó acceso mediante Proba -dereito ó 20 % das prazas do ciclo-, hai que salientar: a) a súa incompatibilidade se cumpren cos requisitos para o acceso directo (xa citados anteriormente); b) a validez da mesma para todas as familias profesionais, ó igual que para o resto do estado; c) que para a superación da mesma hai que acadar “apto” tanto na parte sociocultural (comprensión e expresión de textos escritos en galego e castelán, e coñecementos de historia e xeografía) e na científíco-tecnolóxica (resolución de problemas de matemáticas e tecnoloxía), polo que é convinte ter como guía as probas propostas nos derradeiros anos; d) inscrición no centro no que se quere realizar o ciclo; e) a Proba vense realizando a finais de xuño -o pasado foi o 21-6- e a súa matrícula a finais de maio este ano a Administración convócaas no DOG de 29-5 e o prazo para a súa inscrición era ata 4 de xuño inclusive! iimadia levamos!!



A oferta en centros concertados na nosa zona limítase o C. San Fermín de Caldas (Xestión administrativa, Equipos e instalacións electrotécnicas e Comercio) e xa en Redondela -C. Vigo- (Comercio, Electromecánica de vehículos e Equipos electrónicos de consumo). DOG de 30-7-01 polo que se aproban os concertos con centros privados.

A oferta doutros centros privados sae na Guía “O ensino en Galicia 2001-02’ mais están a aparecer a autorización de impartición dos mesmos no DOG, polo que se fai difícil un seguimento actualizado.



Taller de madeira







 

 Taller de madeira





Ciclos Superiores



A oferta destes Ciclos nos centros públicos da nosa zona neste curso académico é:

“Producción en industrias de artes gráficas” e ‘Anatomía patolóxica e citoloxía” no C. Fogar Provincial Príncipe Felipe.

“Animación de actividades físicas e deportivas” no IES Sánchez Cantón.

“lnstalacións electrotécnicas “, “Estética “, “Dietética” e “Laboratorio de diagnóstico clínico” no IES Frei Martín Sarmiento.

“Educación infantil” no IES A Xunqueira 1.

“Producción de madeira e moble “, “Desenvolvemento de productos electrónicos” e “Sistemas de telecomunicacións e informáticos” (este tamén en réxime de adultos, tarde-noite) no IES A Xunqueira.

“Secretariado”, “Comercio internacional”, “Xestión comercial e marketing” e "Administración e finanzas” (tamén en réxime de adultos) no IES Luis Seoane.

“Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción” e “Desenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas” no IES G. Torrente Ballester.

“Información e comercialización turísticas” e “Restauración” no IES Carlos Oroza.

“Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos” no CECA de Lourizán.

“Xestión comercial e marketing”, “Xestión do transporte “, “Desenvolvemento de aplicacións informáticas” e ‘Administración de sistemas informáticos” (este tamén en réxime de adultos) no IES Chan do Monte, Marín.

Co remate de certas especialidades de FPII e os novos titulados no bacharelato LOXSE (coa implantación adelantada en certos centros -principalmente nos antigos centros de FP), pois o 2º de bacharelato xeneralízase este curso (malia a permitir a excepcionalidade de impartir o antigo COU en certos centros, DOG 24-7-01), a administración educativa regulou o proceso de admisión nestes ciclos superiores (DOG 24-5-01) no que é de salientar o proceso informático a nivel galego e o que iso conleva, asi:

+ Todos os solicitantes deben presentar unha única solicitude de matrícula no centro que elixan en primeira opción (a presentación de máis dunha instancia levarao ó final do proceso, se houbese praza, xa en setembro! DOG 24-5-01) no que se deberá cumprimentar claramente os ciclos, códigos (atención tamén os de adultos) e prestando atención á prioridade dos mesmos.

+ A solicitude de matrícula debe presentarse sempre en xuño. Para os aprobados de setembro establécese un prazo extraordinario para a baremación da súa solicitude coa presentación da certificación das súas notas.

+ Lembramos que a prioridade para o acceso directo ven dado, cando non existan prazas suficientes, por: 1º) ter superado algunha das modalidades de bacharelato ou das opcións de COU específicas para cada ciclo formativo (Ex.: para CS de “Sistemas de telecomunicación e informáticos” bacharelato de “Ciencias da natureza e da saúde" “Tecnoloxía” e opcións “A”/”B” de COU); 2º) Posesión de título de FPII ou equivalente, 3º) titulación universitaria. Dentro de cada un dos colectivos anteriores a orde de prioridade é: 1º maior nota media no expediente académico; 2º ter superadas certas materias no bacharelato, e de selo, con maior nota (no ex. anterior no caso de igual nota media sería ter aprobada a asignatura de “electrotecnia”). 3º en caso de igualdade, sorteo ante a comisión autonómica de escolarización. A nota media dos novos bacharelatos é a media con dous decimais das cualificacións das materias de ámbolos dous cursos (agás convalidadas, exentas, e F. relixiosa), para os de COU é a media entre as catro obtidas dos 3 cursos de BUP e a propia de COU. (DOG de 24-5-0 1).



Respecto ó acceso mediante Proba, que dá dereito ó 20% das prazas do ciclo, hai destacar: 1º) a inscrición debe facerse no centro onde se quere realizar o ciclo. Este ano saíu a convocatoria da Proba no DOG de 29-5-01, ó prazo de inscrición era ata ó 5 de xuño, e a realización da mesma o 13 de xuño! ¡Manda! -os outros anos era a finais de xuño, e podía habela en setembro-. 2º) Consta de 2 partes con contidos a nivel dos novos bacharelatos; parte xeral (lingüística: lingua e literatura galega e castelá, lingua estranxeira; matemáticas: sobre contidos comúns e aplicados ás linguas sociais. Cada un dos ámbitos suporán un 50%). Parte específica segundo ciclo, ex.: “Sistemas de telecomunicación e informática” -electrotecnia- “Xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos” -Ciencias da terra e o medio ambiente, e Bioloxía-, outros como os da familia de” informática” non ten parte específica. Para a superación da proba será necesario acadar en cada unha das partes unha cualifiación mínima de 5. (DOG 30-5-00 e de 29-5-01).

A demanda de certos ciclos xa no mes de xuño foi moi elevada; así, no caso de “Sistemas de telecomunicación e informáticos” no IES “A Xunqueira” -das 20 prazas ofertadas: 3 prazas corresponderon a alumnos que superaron a Proba de acceso, e o que ocupaba o derradeiro posto, tiña unha media en COU de 6,56-; en adultos -os 20 alumnos eran de COU, o último con 5,94-; en “Desenvolvemento de productos electrónicos” -18 de COU e LOXSE e 2 de FPII-. Mais os solicitantes en lista de espera xa eran dobre ou triple das prazas ofertadas. Caso parello con outros ciclos máis demandados noutros centros como os da familia de informática no IES Chan do Monte-Marín, o “Comercio internacional” no IES L. Seoane, en “Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos” do CECA de Lourizán, ou “Dietética” no IES “F. M. Sarmiento".



De todo elo podemos destacar:

* A necesidade de maior oferta pública en especialidades como informática e electrónica máis demandadas en relación co cotiá mundo tecnolóxico en que vivimos. De aí a reclamación polas forzas sociais, consello escolar municipal e comunidade educativa en xeral, dunha adecuada e diversificada oferta potenciadora do noso desenvolvemento social e económico.

De feito estos títulos de “bata branca” son os máis impartidos por centros privados autorizados da zona como “Los Sauces”-Poio, “Santiago Apóstol”-Soutomaior, ou nalgunha academia da nosa cidade. Non se ofertan en centros concertados da nosa zona, sí en Vigo.

* Unha oferta de ciclos en réxime de adultos con rotación horaria de módulos para poder compaxinar a asistencia presencial co traballo, ou por sistema de módulos.

* Que a Consellería de Educación dea a coñecer polo menos xa no mes de abril as datas das probas de acceso, o proceso de matrícula, e principalmente a oferta de Ciclos Medios e Superiores para o vindeiro curso -ó producirse sempre variacións ¡necesidade de ampliación! -cara a unha axeitada orientación, preparación e planificación dos alumnos, profesorado e centros.

* Que se ben o proceso informático de matrícula nestes ciclos superiores a nivel galego, permite unha maior obxectividade na adxudicación das prazas, no que a prioridade da nota do expediente académico vai decidir o ciclo e centro, mais a renuncia á praza por acceder a outros estudios ó superar a selectividade, a deixación dos alumnos/as en comunicala, dificulta a substitución de baixas que en certos ciclos pode acadar un 30 ou 40% , ó igual que os cambios que se producen na orde en que solicitaron a inscrición; situación que volve a repetirse en setembro. De aí a necesidade dunha maior axilidade no proceso, colaboración dos centros e alumnado no proceso informativo cara a evitar unha perda de horas no ciclo que pode chegar ás impartidas nun mes, co que supón para o dominio do currículo e o incumprimento de horas programadas.

* Unha maior información cara ó alumnado dos módulos que forman un determinado ciclo cara a mellores espectativas no mercado laboral. Ata agora demandábanse titulados nas ramas específicas xa coñecidas de FP II, e como todo o que empeza hai que ir coñecendo pouco a pouco. E no que as FCT -formación en centros de traballo- van ser importantísimas pola experiencia real do mundo do traballo para o alumno e do coñecemento que vai ter o empresario da súa preparación e así facilitar a súa contratación.



Aula de electrónica









 Aula de Electrónica



Titulacións e demanda de emprego.

Coidamos que a realización dun traballo de acercamento a titulacións e nivel de emprego en relación coa súa especialíde é básico para unha programación adecuada, no caso que estamos a tratar dos titulados en formación profesional. O Servicio Galego de Colocación, e en menor medida sindicatos o empresarios serían os máis adecuados para levar a cabo este proxecto, dado que moitas veces hai especialidades con máis oferta, eido administrativo, -con baixo índice de traballo na súa especialidade- e outras en relación coa automoción actualmente con boas espectativas.

Son importantes en este campo certas revistas especializadas como o Boletín do MAP (Ministerio de Administracións Públicas) – http://www.igsap.map.es/cia/oferta.htm ), Boletín Xoven (Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.), “Telemprego” (Confederación de empresarios de Ourense. http://www.cimo.org ), ou nun ámbito máis específico do ensino como “Entre Estudiantes" http://www.entreestudiantes.com

En relación con esta última, considero interesante reflectir ó ranking de emprego de formación profesional e de titulacións universitarias do pasado mes de xuño -última en recibir- no que podemos ver a relación entre as titulacións que aparecen en prensa demandado unha titulación (oferta) e a porcentaxe de estudiantes que estudian dita carreira, e que está en relación coas conclusións do Informe Infoempleo 2001. (http://www.infoempleo.com )



[ PULSA AQUÍ para ver o ránking. 126 KB]



JOSÉ LUIS ESTÉVEZ