O alcume vén a ser unha especie de sobrenome co que se trata de
establecer unha diferencia, connotación, etc. especial ou específica
dun individuo ou familia. Tamén se denomina alcuño, nomeada,
sobrenome e, por asimilación co castelán, apodo e
mote. É un fenómeno social de case todas as culturas
do mundo, sendo a súa función variadísima e o seu
campo moi amplo. Dun xeito ou doutro, a maioría dos grupos sociais
teñen os seus alcumes.
Nas sociedades antigas, antes de se consolidar o sistema de apelidos, rexistros civís e demais, o alcume desempeñaba unha importantísima función de cara a establecer unha individualización de cada persoa ou familia. E mesmo moitos, co tempo, pasaron a ser apelidos e viceversa. Case ninguén se libraba de ter o seu alcume, pois abarcaba a todas as clases sociais e mesmo reis e nobres non se salvaban de ter alcume, sendo este un feito moi usual na Idade Media.
Non se poden establecer normas ou teorías exactas sobre a orixe ou as causas polas que se poñen os alcumes, pois estas son múltiples e diversas, e responden, así mesmo, a unha variedade enorme de factores que fan imposible fixar unha regra exacta a tal fin. A pesar disto, o alcume obedece a unhas circunstancias ou factores que están sempre relacionados dalgún xeito coa persoa ou persoas obxecto del. Todos estes factores pódense compendiar da seguinte forma:
- Hamos por razón
de oficio ou profesión:
Torneíros,
Ferreiros, o Baldeiro, etc.
- Por caracteres físicos:
o Chosco, a Coxa,
o Manco, etc.
- Por vicios ou defectos
na fala: o Tatexo,
etc.
- Por adoptar actitudes
ou comportamentos sociais mal fachendosos, que é quizais o factor
que máis motes orixina: Marchacucho, Soidebora, Peste,
Bruxa, etc.
- Por razón
do lugar de procedencia:
Arajonesa, a Viguesa,
Campañó, etc.
- Por mor da emigración:
Americana, o
Cubano, etc.
- Por reiterarse moito
na repetición de algo:
Chistosa, a Risueña,
etc.
Tamén hai un xeito de alcume, aínda que non sexa tal, así é o caso dos que responden á fórmula “os de...” Por exemplo: os de Ucha, os de Ramiro, os de Estévez, etc. Outro aspecto é aquel de algúns apelidos ou nomes que funcionan como alcumes, porque noutro tempo foron apelidos ou nomes de antepasados deste, aínda que na actualidade o alcumado xa non teña relación directa co nome fin co apelido. Tal é o caso dos denominados Matías, Marselos, Garridos, etc.
En canto a fixar o momento en que se lle pon un alcume a alguén, pódese establecer con bastante aproximación que ten lugar durante a súa infancia ou xuventude e xa o acompañaba de por vida, transmitíndoo, se é o caso, ós seus descendentes co paso do tempo.
Outros aspectos do alcume poden ser que dentro dunha mesma familia con mote propio, exista unha persoa cun alcume específico, así é o caso do difunto de Juan Perdido, que pertencendo á familia dos Potros, tiña o seu propio mote, ou de Manolo o Tormenta, que recibe dito apelativo por ter nacido o día da famosa tormenta do 15 de setembro, e sen embargo forma parte da familia dos Cachuchas.
A aceptación social do alcume é moi diversa: uns acéptano de bo grao e a outros séntalles mal; está máis ligado ó mundo rural que ó urbano, predominado máis nas clases sociais baixas que nas altas, aínda que non é teoría exacta. Un aspecto especial dos alcumes é o do relacionado cos espectáculos e certos deportes. Así ternos que no mundo taurino, raro é o destro que non ten alcume, e no mundo do deporte, son o boxeo e o ciclismo as que máis acaparan este aspecto. O balompé tamén achega sempreun bo continxente, sobre todo se o xogador procede de Iberoamérica, tendo aquí unha forma curiosa de colocalo, pois vai case señipre entre o nome e o apelido.
O alcume permanece na casa, así sóese dicir a casa dos... ou de... Cando alguén casaba e ía vivir á casa do outro cónxuxe, tarde ou cedo, pasaba a ter o mote da casa onde residía, pero, se ó casar fundaba casa nova, levaba o mote con el ou con ela, dando lugar á circunstancia de que apareza o mesma mate en dous ou tres lugares distintos. Así podemos atopar Redabouxos na Gándara e na Piolla; Ramallos na Gándara, Ramallás e Casaldorado; Chinitos, na Torre e Ramallás; Miñocas, no Arco e na Gándara; Calacús, na Gándara e Castelo, etc.
José
Castro Jarola. Foto cedida amablemente pola familia CASTRO-POZA
Na nosa Galicia o alcume desempeña, amén doutras, dúas funcións fundamentais, tales cama son: a de saber a que persoa ou familia nos referimos, como a de situalos nun espacio xeográfico (lugar) concreto da parroquia. Por poñer un exemplo, cando antigamente tanguían as campás a defunto, a xente comezaba a inquerir de quen se podería tratar. Quen o sabía respostaba, normalmente, dando a nome e a continuación o alcume. Deste xeito, as persoas identificaban ó finado ou á súa familia. Mesma hoxe en día, ande o ritmo social impón que os finados partan dun tanatorio para realizar a “derradeira viaxe”, faise ás veces complicado para moitas persoas saber de quén se trata ó ler as esquelas, pais estase a cometer un erro gravísimo ó facer figurar como casa mortuoria ou tanatorio, cando alí non morreu, e por riba omítese o lugar da parroquia onde residía, que de tela mencionado facilitaría moito a posible identificación do finado/a. Pero, aínda máis, se na esquela, baixo o nome do falecido figurase o seu mote ou alcume, moita xente establecería rápidamente unha relación familia-lugar e así poderían confirmar se se trata de quen pensan. Este costume aínda segue a manterse con bastante frecuencia na banda da mar.
En relación coa función de identificar e situar a unha persoa no espacio, vou citar unha anécdota que me contaron. Certo día un irmán de Luciano de Acevedo (o Miquiñas) que estaba no Brasil, envioulle por un veciño de Campo Lameiro un paquete. Este preguntou por Lérez adiante pola casa de Luciano e ninguén Ile sabía dar disquisición ata que alguén viu que debaixo do nome figuraba o seu alcume (Miquíñas) e ó momento xa Ile indicaron de ciuen se trataba.
Outra función do alcume é a de poder servir coma “carta de presentación” cando un chegaba a certas casas ou lugares onde un non era coñecido e tiña que responder á consabida pregunta de: -¿E ti... de quen vés sendo? O normal é que se respostase: -Pois veño sendo fillo de... (primeiro o nome do pai ou da nai e a continuación o alcume). Este feito téñoo constatado eu moitas veces, pois, segundo a zona da parroquia onde me atopase, mencionaba o mote de meu pai ou de miña nai. Así se ía á zona do norte, Verducido ou Xeve, dicía que era fillo da Andresolla de Casal Novo, mentras que se me atopaba na zona sur, ou mesmo Alba ou Campañó, a resposta consistía en dicir que era fillo de Benigno o Marselo da Gándara; e se cadraba daba os dous. O feito era que o asunto funcionaba.
A pesar de todo isto, o alcume está actualmente en franca regresión, podendo incluso chegar a perderse tan pronto desaparezan as persoas maiores que na actualidade os ostentan, desaparecendo así un aspecto moi interesante da cultura galega.
Velaquí unha escolma dos principais alcumes da parroquia de Lérez.
Moitos destes aínda perduran; outros perdéronse por ter falecido
quen os posuía ou por mor da emigración ou trasladarse a
vivir noutro lado.
ALCUME
Ajulletas
|
LUGAR
Casal Novo
Castelo
|
BENIGNO GARCÍA