REVISTA
Como é habitual no mes de outubro publicamos o nosa revista Cedofeita, que no ano 2001 chegaba ó número cinco. Distribúese entre os socios, sociedades da parroquia e entre outras entidades e organismos da capital. Tamén o presente número seis sae do prelo no mesmo mes.
XORNADAS MICOLÓXICAS
A realización das xornadas micolóxicas, que este ano facían a VIII edición, non tivo o éxito doutros anos. A sequía reinante nos días precedentes impediu que na saída do 10 de novembro ó Monte das Pías, Acibal e arredores, se recollesen cogomelos abondosos. Daquela, aínda que asistencia foi moi concurrida, non se puideron visualizar especies variadas nin realizar a degustación dos mesmos o día seguinte como é tradicional.
Cartel
anunciador da VIII edición das actividades micolóxicas.
ASEMBLEA
XERAL
O 22 de novembro de
2001, esta Asociación celebrou asemblea xeral ordinaria na que, entre outros
asuntos, acordouse aprobar a xestión da Xunta directiva, o estado de contas e a
proposta de actividades para o ano 2002. Ó final da sesión realizouse a
presentación do nº 5 da revista, e da publicación "Barriga Verde, un
persoeiro con engado," polo autor do traballo Jaime González Iglesias.
ANO
SARMIENTO
A Asociación Cedofeita coa colaboración da Asociación de Veciños Santo Paio de Campañó e do Concello de Pontevedra editou o tríptico Xornada a Poio. Itinerario Lérez-Poio, baseado en Viaxe a Galicia (1745) de Frei Martín Sarmiento. Nel reconstrúese a rota a Poio seguida por este persoeiro, segundo publicación que, co título Xornadiña ao Poio, relata no libro e inclúese a descrición dalgunhas plantas e topónimos relacionados con Lérez e Campañó. O 12 de maio realizouse o primeiro roteiro con cerca de cen participantes; o segundo tivo lugar o 23 de xuño.
Cartel anunciador do segundo
roteiro Lérez-Poio.
LETRAS
GALEGAS. 2002.
Co gallo da Festa das Letras Galegas, a Asociación Cedofeita realizou unha serie de actividades, entre as que destacan as levadas a cabo o 24 de maio no Colexio S. Benito de Lérez:
- Charla sobre Frei Martín Sarmiento a cargo de José L. Estévez Solla.
- Representación de Crimes exemplares polo grupo de teatro "5 máis 5" do IES A Xunqueira.
- Entrega de premios do concurso
literario para escolares.
CONCERTO.
Malia o noso interés, este ano
non se puido levar a cabo o concerto que habitualmente organizabamos na igrexa
parroquial, cunha coral de prestixio. Parece ser, segundo escrito amosado por
Don Crisanto Rial, cura párroco, que non están permitidos pola autoridade
eclesiástica este tipo de actos no interior das igrexas.
EXCURSIÓN A
ORTIGUEIRA
O 9 de xuño realizouse unha viaxe cultural, como é costume, este ano foi a Ortigueira visitando Cedeira e San Andrés de Teixido. Non se puido parar no incomparable marco do Alto da Herbeira a causa da chuvia e o neboeiro que había na zona. Disfrutamos, sen embargo, da visita a Ortigueira, xantamos en Espasante, á volta, paramos en Betanzos. Desde Cedeira tivemos como anfitrión a Andrés Santalla, da Asociación Arrós de Ortigueira, a quen queremos agradecer a súa xentileza.
EXPOSICIÓN
Do 3 ó 7 de agosto, ambos inclusive, estivo aberta ó público a exposición tradicional do mes de agosto que nesta VIII edición levaba o título Pedra e madeira. O cerne dun pobo, na que se ofreceron paneis explicativos con textos, debuxos e fotografías, e se mostraron unhas duascentas cincoenta ferramentas para traballar estes materiais. As visitas foron numerosas e coidamos que a exposición contou co seu agrado.
Cartel da Exposición do ano 2002, dedicada ó traballo da pedra e madeira.
COLABORACIÓNS
Cedofeita vén colaborando con outras asociacións e organismos. Citaremos a cooperación con Juventud Lerezana, coa Coordinadora pola Defensa do Lérez, coa Asociación de Veciños Santo Paio-Campañó, co Concello de Pontevedra, etc. Así mesmo, membros da nosa asociación particiaron en mesas redondas sobre Barriga Verde en Santiago e Pontevedra, na divulgación micolóxica, e outros actos. Tamén cabe destacar o éxito da exposición do 2000 Lérez, o río que nos da nome, que leva xa dous anos percorrendo case todas as localidades da cunca do río, Pontevedra e Marín na que se amosou en asociacións e centros escolares.