Asociación Cedofeita




  A Asociación Socio-Cultural Cedofeita xorde no ano 1995 na parroquia pontevedresa de Lérez coa intención de dinamizar a vida cultural desa zona organizando conferencias, exposicións, charlas, obras de teatro, publicando unha revista,...
   
Documento de doazón de Ordoño II Documento da doazón do rei Ordoño II ó abade Guntado do couto do mosteiro de Lérez. 
Das máis antigas referencias á nosa parroquia.
   
 

Para colaborar coa asociación, interesarse polas súas actividades ou para obter máis información sobre ela, pódese contactar coa dirección de correo acedofeita@yahoo.es. Agora tamén pode visitar o noso BLOG.


exposición 2009


Que é a Asociación Cultural Cedofeita ? 
   
Exposición de cogomelos As exposicións de cogomelos, saídas ó campo e degustación dos mesmos son unha das actividades de máis éxito.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 1, outubro de 1997.
   
Saída dun barco para a emigración A emigración protagonizou unha exposición e un amplo artigo no número 1 da revista.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 2, outubro de 1998.
   
Mosteiro de Lérez Loxicamente, o mosteiro de Lérez sempre recibiu atención especial por parte da Asociación.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 3, outubro de 1999.
   
Cruceiro da Tranca Non podiamos esquecer, nin nas exposicións nin na revista, a riqueza arquitectónica da nosa parroquia.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 4, outubro de 2000.
   
O río Lérez ó seu paso por Tenorio O río Lérez presenta paisaxes paradisíacas, en xeral pouco coñecidas.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 5, outubro de 2001.
   
Ocras Tamén nos ocupamos de temas agrícolas, cunha serie de artigos sobre novos cultivos na parroquia.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 6, outubro de 2002.
   
Sarmiento
Non se podía ignorar este ano unha figura da magnitude do Padre Sarmiento.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 7, outubro de 2003.
   
O evento máis destacado deste ano foi a recuperación para os veciños do Local Social
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 8, outubro de 2004.
   
Cruceiro de Benigno A arquitectura popular volve ser obxecto de estudo na nosa revista.
   
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 9, outubro de 2005.
   
 
A historia de Lérez predomina neste número da revistaA historia de Lérez predomina neste número
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 10, outubro de 2006.
   

Poesía, lendas e historia vertebran o presente número.
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 11, outubro de 2007.
   

po Aspectos da historia de Lérez e de Galiza, deporte, poesía, educación e medio ambiente, entre outros, son os tratados neste número.
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 12, outubro de 2008.
   

portada Dende as orixes do imaxinario da escritora lerezá Fina Casalderrey ata unha ollada ás actividades realizadas ao longo do ano, pasando por unha diversidade de temas culturais, históricos, ambientais...teñen cabida nas páxinas deste número.
   
   
Revista CEDOFEITA. Número 13, outubro de 2009.
 
 
portada Coa música a esta parte inicia unha variada mostra de artigos que tratan tanto aspectos históricos (Valentín Peña, documentación sobre Cedofeita, Casimiro Gómez, a intoxicación do metílico...), educativos (a experiencia de ler, a infancia e a publicidade, os problemas da conduta), entrevistas, medio ambiente, humor e outros máis.
   
Revista CEDOFEITA. Número 14, outubro de 2010.
 
 
portada Este número consta dunha variada mostra de artigos: Cedofeita na Idade Media, a figura de Santiago cabaleiro, Florita, unha revista para nenas, a atención a altas capacidades, de conversa, o tinxido, bichos contra bichos, humor,etc.


Revista CEDOFEITA. Número 15, novembro de 2011.

Este número contén diversos artigos sobre temas como as escolas e mestres de Lérez, a vía romana XIX  ao seu paso por esta localidade, as peripecias dos voos de Garrnier na nosa capital, a problemática das persoas con autismo, humor, entrevista e moitos máis que se poden atopar no índice da mesma.


Revista CEDOFEITA. Número 16, novembro de 2012.
portada
Este número contén diversos artigos sobre temas como a iconografía dos cruceiros de Lérez, a tormenta do 15 de setembro, os gaiteiros do val do Lérez, a crónica da exposición anual, que nesta ocasión tratou do fútbol, e variadas colaboracións que se poden atopar no índice.




Revista CEDOFEITA. Número 17, novembro de 2013
portada
Este número contén artigos de carácter histórico como unha pequena historia da loxa masónica do Burgo, unha aproximación á consagración episcopal en Lérez no ano 1113, os litixios sobre a Casa do Barón e o regreso do deus Vestio Alonieco; unha reportaxe sobre a última exposición "Enfiando a agulla", unha biografía do moinante Venerando, o descobrimento dunha nova especie de cogumelo na nosa parroquia, unha escolma de recitados infantís e  moitos máis artigos que se poden atopar no índice.

Revista CEDOFEITA. Número 18, novembro de 2014
portada
Este número contén artigos de carácter histórico ( sobre a configuración histórica de Galicia, os sucesos de Salcedo, a figura de Manuel Barreiro Cabanelas...) de carácter ambiental (sobre o ENIL da xunqueira, a serra do Suído) entrevistas, as seccións habituais, poemas  e  moitos máis artigos que se poden atopar no índice.










 

logo logo concello


Estamos abertos a calquera tipo de suxerencias, preguntas, colaboracións,...

acedofeita@yahoo.es

ADVERTENCIA: Última actualización, Agosto 2014. A maioría das imaxes está escaneada a baixa resolución para facilitar a lectura dos artigos. Se desexa algunha fotografía en alta resolución, póñase en contacto coa nosa dirección de correo. É normal que aparezan desaxustados os pés de foto e algúns párrafos, dependendo do seu navegador e da configuración de pantalla do seu ordenador. Non se deseñou para ningún navegador en especial.


A Asociación Socio-Cultural Cedofeita é unha entidade aberta, pluralista e sen ánimo de lucro que pretende contribuír á difusión da nosa cultura, polo que ó longo do ano realiza unha serie de actividades encamiñadas a ese fin. Ademais da desinteresada colaboración dos seus membros, estas actividades implican un custo económico importante. Se desexa colaborar con esta asociación ou facerse socio, pode contactar coa dirección arriba indicada; tamén pode facer o seu donativo na conta ES80 2080 5154 4430 4000 3373  de Abanca.


Permítese a libre reproducción das imaxes e textos citando a procedencia e, no caso de Internet, poñendo un enlace a esta páxina.